Loomio
Tue 21 Jul 2015 10:10PM

COMISIÓN DE DEMOCRATIZACIÓN DE ESPAZOS CULTURAIS

LM Luís Magarinhos Public Seen by 31

Fio aberto de conversa e achegas á comisión de DEMOCRATIZACIÓN de ESPAZOS CULTURAIS co fin de aportar propostas de modificación dos estatutos do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia, que deberán ser revisadas pola asesoría xurídica do concello e consensuadas cos grupos da oposición para a súa aprobación.

Outros asuntos tratados nesta comisión:

LM

Luís Magarinhos Tue 21 Jul 2015 10:18PM

cc: O xoves pasado (día 16 de Xullo) constituíuse a comisión de DEMOCRATIZACIÓN DE ESPAZOS CULTURAIS do Grupo de Cultura de Santiago de Compostela e comezamos a elaborar catro documentos de traballo, que publicaremos en breve xunto coa acta da reunión. Vos invitamos a participar deste fío e a facer as vosas achegas

X

xron Mon 27 Jul 2015 6:19PM

O primeiro, colocar aquí os estatutos que se queren modificar, para que estean localizables en todo momento.

X

xron Mon 27 Jul 2015 6:34PM

En paralelo á modificación dos estatutos hai que ir pensando en dotarse dun código de boas prácticas para a área de acción cultural do concello. Para ter algunhas referencias a man, adxunto enlaces doutros códigos de boas prácticas existentes na nosa contorna:

-Código de boas prácticas do INAEM (Instituo Nacional de las Artes Escénicas y de la Música): http://www.boe.es/boe/dias/2008/12/04/pdfs/A48654-48659.pdf

-Guías de boas prácticas e outros instrumentos para o bo goberno e xestión cultural xa existentes (España): http://www.culturaybuenaspracticas.org/#!buenas-practicas/c1p5h

X

xron Mon 27 Jul 2015 7:07PM

Lendo os estatutos en función dos compromisos adquiridos por Compostela Aberta no seu programa electoral, as modificacións non tería por que ser moitas, o que debería facilitar o acordo cos outros grupos:

  1. Blindar a necesidade de convocar un concurso público para o nomeamento da dirección (agora é nomeado directamente polo alcalde) e desligar a duración do contrato de dirección dos períodos electorais (normalmente estes contratos son de 5 anos).

  2. Modificar a composición do Consello Reitor. Actualmente está composto por 5 concelleiros dos distintos grupos políticos representados no concello; 2 representantes das entidades patrocinadoras; 2 figuras de prestixio cultural; a persoa que exerce a dirección: e o alcalde, que resolve empates. Habería que reforzar a presenza do sector artísticos e cultural e tamén a da cidadanía (definindo mellor o perfil destes membros), para equilibrar a representación política coa representación científica, técnica e cidadá. E tamén reducir a duración do mandato dos membros non políticos a 3 anos, para asegurar a renovación e refresco do consello.

  3. Modificar composición e certas funcións da comisión executiva, como pode ser a de limitar a cantidade máxima de contratación que ten actualmente.

Todo o que teña que ver cos criterios da convocatoria do concurso para o contrato de dirección, non teñen que figurar nos estatutos, senón nos pregos técnicos, que deberían responder ás esixencias do código de boas prácticas, e que haberá que ir deselvolvendo.

YRF

Yago Rilo Fernandez Tue 11 Aug 2015 12:40PM

Bo día!
Formo parte dun colectivo musical e gustarianos saber onde podemos ou con quen temos que falar pra que escoiten as nosas propostas sobre a utilización de espazos públicos pra a realización de espectáculos e música en directo.
Moitas grazas un saúdo.
Déixovos un link do colectivo:
www.facebook.es/maislume

AG

Ania Gonzalez Tue 11 Aug 2015 2:40PM

Concordo totalmente co proposto por Xesús

Ania González

[email protected] ( [email protected] )

www.lysisundkritik.wordpress.com ( http://www.lysisundkritik.wordpress.com )
www.pletora.es ( http://www.pletora.es ) | www.agentesdelcaos.net ( http://www.agentesdelcaos.net )

2015-07-27 21:07 GMT+02:00 xron (Loomio) :

Lendo os estatutos en función dos compromisos adquiridos por Compostela Aberta no seu programa electoral, as modificacións non tería por que ser moitas, o que debería facilitar o acordo cos outros grupos:

  1. Blindar a necesidade de convocar un concurso público para o nomeamento da dirección (agora é nomeado directamente polo alcalde) e desligar a duración do contrato de dirección dos períodos electorais (normalmente estes contratos son de 5 anos).

  2. Modificar a composición do Consello Reitor. Actualmente está composto por 5 concelleiros dos distintos grupos políticos representados no concello; 2 representantes das entidades patrocinadoras; 2 figuras de prestixio cultural; a persoa que exerce a dirección: e o alcalde, que resolve empates. Habería que reforzar a presenza do sector artísticos e cultural e tamén a da cidadanía (definindo mellor o perfil destes membros), para equilibrar a representación política coa representación científica, técnica e cidadá. E tamén reducir a duración do mandato dos membros non políticos a 3 anos, para asegurar a renovación e refresco do consello.

  3. Modificar composición e certas funcións da comisión executiva, como pode ser a de limitar a cantidade máxima de contratación que ten actualmente.

Todo o que teña que ver cos criterios da convocatoria do concurso para o contrato de dirección, non teñen que figurar nos estatutos, senón nos pregos técnicos, que deberían responder ás esixencias do código de boas prácticas, e que haberá que ir deselvolvendo.

Responde a este correo electrónico directamente o velo en www.loomio.org ( https://www.loomio.org/d/Z0IK2gzY/comision-de-democratizacion-de-espazos-culturais?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-741295 ).

Desactivar el correo electrónico ( https://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/104082/RDBJQYzi1swm4JfVAEkz ) para esta discusión.

Cambia tus preferencias de correo electrónico ( https://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=RDBJQYzi1swm4JfVAEkz&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para darte de baja de estos correos electrónicos.

ME

Manuel Eirís Wed 12 Aug 2015 10:11AM

Olá rapaces, para a mañá do 18 gustaríame propor falar de revisar o actual papel da Zona C, para que puidera voltar ser un espazo de uso expositivo onde, dada a súa ubicación ao carón do CGAC e moi perto da galería Trinta e do espazo Miramemira, poder favorecer de novo, como se facía antes, as relacións entre comisarios, artistas e demáis profesionais da arte contemporánea, ademáis de servir a cidadadanía dun espazo impulsado polo concello cunha programación coidada e regular, que a día de hoxe non existe e penso é necesario recuperar. Por suposto opino que habería que buscar outro espazo para non desatender aos outros usos que a día de hoxe están tendo lugar alí, moi positivos e necesarios, dende logo, pero que seguro poderían ter cabida noutros espazos dado que é unha mágoa que un espazo que consta no católogo do Consello da Cultura Galega como espazo de exposicións e ademáis foi concibido como tal, e que goza dunha ubicación inigualable para
tal fin, perdera agora tamén, como nestes últimos catro anos, aquela función que estivo a desenrolar, dende o 2006, ano en que foi inaugurado, ata o 2011. Tarefa esta, a dun espazo de uso expositivo, que desempeñou (e propoño volte a facer), nada desdeñable e moi necesaria, xa que suplía unha carencia grave de apoio a arte contemporánea, para unha cidade que considera coida a cultura, e que é unha mágoa que deixara de atender.

DVM

Diego Vázquez Meizoso Tue 18 Aug 2015 6:59PM

Adxunto aquí o código deontolóxico da FEAGC, algunhas son cuestións que deberían de ser "de perogrullo", pero que fai falla lembrar e ter presentes.

DVM

Diego Vázquez Meizoso Tue 18 Aug 2015 7:00PM

Manuel, mira o fío da comisión de CATALOGACIÓN DE RECURSOS CULTURAIS, xusto hoxe na xuntanza estivemos falando dese tema. No fío tes acceso a todos os docus de traballo correspondentes.

DVM

Diego Vázquez Meizoso Tue 18 Aug 2015 7:02PM

Boas, Yago Rilo. Hai outra comisión de CATALOGACIÓN DE RECURSOS CULTURAIS na que reflexionamos sobre posibles usos de espazos culturais de Compostela, vai ao fío en loomio e tes acceso alí aos docus de traballo, quizais esta comisión é máis acaída ao tema que comentas.

Load More