Loomio

A Sabia - Moeda Galega

A Sabia é unha moeda que pretende impulsar a cooperación e o apoio mutuo entre persoas, pequenos negocios e proxectos galegos. Ofrecemos un medio de intercambio cómodo e gratuito, cun market online e un diseño aberto á participación na toma de decisións, pero necesitase participación en todas as tarefas necesarias para que o proxecto cobre vida, mantendo o piar de custe cero en euros. Este lugar no que estás agora mesmo serve como espazo de coordinación das tarefas voluntarias de dinamización da moeda e como medio de comunicación horizontal entre as usuarias para avanzar na toma de decisións e aliviar a carga das asambleas presenciais. Anímate a botar unha man coas tarefas que máis che apetezan, propón novas liñas de acción, crea un novo equipo de traballo ou inicia un novo subgrupo local.
Páxina web: www.asabiagalega.wordpress.com
Telegram: https://t.me/ASabiaGalega
Aplicación web: https://communities.cyclos.org/ASabia