Loomio
August 14th, 2019 22:11

Recursos para difusión e expansión.

Administradora Sabia
Administradora Sabia Public Seen by 153

Neste fío podemos compartir recursos para realizar o traballo de difusión entre persoas, negocios e proxectos afíns aos valores da moeda para que vaian rexistrándose na aplicación e participen na primeira asamblea da moeda, na que crearemos e distribuiremos as primeiras unidades.
Falta por decidir que proxectos comezan representando os valores da moeda, que serán os que percibirán a moeda de nova creación na fase 2 da moeda.
Podedes consultar a folla de ruta da moeda aquí: https://asabiagalega.wordpress.com/folla-de-ruta/

Administradora Sabia

Administradora Sabia August 14th, 2019 22:14

Comparto os logos que podemos utilizar como material gráfico.

Mario Martínez Lorenzo

Mario Martínez Lorenzo October 7th, 2019 20:43

A nivel da cultura do grupo e da forma na que damos a benvida a novas persoas interesadas na moeda quero compartir unha guía que traducín persoalmente do inglés que vai precisamente de isto, de como fomentar unha participación saudable simplemente prestando atención á forma na que se recibe ás novas participantes. Espero que sexa de axuda.

Mario Martínez Lorenzo

Mario Martínez Lorenzo October 14th, 2019 12:17

Tamén fixen unha presentación para unha ctividade formativa que farei nun centro de fp de Vigo en colaboración con ADICAE (unhas charlas sobre fintech). Pásovola en formato pdf pero se alguén quere o orixinal (en formato OpenOffice Impress) tamén o podo compartir. Ademáis adxunto as imaxes que creei con Canva, un programa gratuito de deseño que se pode utilizar directamente dende a súa web, sen descargar nada: canva.com