Loomio
Wed 11 Feb 2015 10:10AM

Creación e composición grupo de coordinación interna

JV Javi Vázquez Public Seen by 67

Coa intención de facilitar a integración das persoas de partidos políticos e (potencialmente) novas organizacións dentro de CA, así como iniciar a coordinación con vistas á campaña electoral (a modo de pre-comité de campaña), proponse a creación dun grupo de coordinación interna.

Composición:
* 4-6 persoas de CA, con ou sin afiliación.
* 1 persoa de cada partido que necesite/queira estar representado como tal.

Funcións:
* Coordinación e comunicación continua cos partidos e organizacións que forman parte de CA.
* Organización de cuestións loxísticas.
* Apoio aos GdTs cando sexa necesario.

Aclaracións:
* A coordinadora non sería un órgano executivo, non tomaría decisións, xa que estas corresponden a asamblea.
* As xuntanzas estarían abertas, coma sempre, a participación de calquera persoa interesada.

JV

Poll Created Wed 11 Feb 2015 10:14AM

Crear grupo de Coordinación interna Closed Thu 12 Feb 2015 6:07PM

Creación grupo de coordinación ou coordenadora Compostela Aberta - partidos - organizacións.

Composición:
* 1-2 persoas CA.
* 1-2 persoas de cada partido ou organización interesada en formar parte da mesma como tal.

Aberta e non executiva.

Results

Results Option % of points Voters
Agree 88.9% 8 DD BFV ML TC M JV RD SN
Abstain 0.0% 0  
Disagree 11.1% 1 M
Block 0.0% 0  
Undecided 0% 98 IT V MS A RC AR CD J D FB MLL JT MB MML I XM JRR J XA ADV

9 of 107 people have participated (8%)

JV

Javi Vázquez
Agree
Wed 11 Feb 2015 10:16AM

Unha vez finalizada a rolda de contactos con partidos, e sumados apoios, non é operativo continuar coas xuntanzas 1-1 por parte dos portavoces temporais. É necesario un órgano de coordinación estable, cun canal de comunicación interno continuo.

M

mabela
Disagree
Wed 11 Feb 2015 10:00PM

CA non é unha sopa de siglas,é unha plataforma cidadá.Sería un erro meter aos partidos na coordenación,a cidadanía non o entendería,a vería coma unha coalición.O que nos fai fortes é a independencia dos partidos,que eles non estén presentes.

I

Iria Wed 11 Feb 2015 11:15AM

Entendo a necesidade da coordinación, Na actualidade esas tarefas de coordinación non as leva nadie?

Todos os partidos que se uniron ata o de agora a CA comunicaron a necesidade de ter esa representación na cordinación?

Os 1-2 representantes de CA, serían persoas non militantes de outros partidos políticos?

Os partidos políticos que apoian en Compostela Aberta se integran como partido ou coma persoas independientemente do partido ó que pertenzan?

Desculpade que igual xa se responderon esas preguntas noutros fíos. E que non sei cal é o tipo de integración que se estableceu.

JV

Javi Vázquez Wed 11 Feb 2015 12:14PM

@iria-r Respondendo as túas preguntas:

  • Nas últimas semanas, a coordinación máis aló dos GdT a levabamos en certa forma os portavoces. Sendo máis persoas e organizacións, fará falla algo máis estable e continuo. Houbo, pero non hai a día de hoxe, grupo de coordinación como tal.

  • Os partidos que se sumaron oficialmente, antes de Podemos, foron Espazo e Nós-UP. Equo está pendente de comunicación oficial. O primeiro en propoñer a coordenadora foi Podemos, con vistas tamén a recibir outras adhesións. Parece unha proposta razoable, cun modelo idéntico a moitas outras mareas ou plataformas en común, e por eso a trasladamos ao plenario vía Loomio.

  • Si, idealmente, as 1-2 persoas de CA deberían ser non militantes. Non se quere nin se propón formar unha "mesa de partidos", sería contraproducente e iría contra a naturaleza de CA. O obxectivo é coordinar e ter un canal estable de comunicación interna entre persoas e tamén válido con partidos e organizacións .

  • CA é un partido instrumental onde hai persoas, sexan ou non de partidos políticos. Os partidos apoian a CA co seu capital simbólico, non presentándose ás eleccións por separado e animando a súa militancia a votar por CA. Porén, en ocasións necesitan poder "falar con CA" tamén como partidos.

Espero ter solventado as dúbidas :-)

M

MariadoMarLopes Wed 11 Feb 2015 12:32PM

Eu concordo, sempre que ese suposto grupo de coordenadción non se acabe por converter nunha mesa de partidos ou nun grupo con capacidade executiva. Para iso a información debe fluir facilmente e abertamente para todas as persoas que participan de CA, alén de votar e decidir en asemblea e non desde este grupo de coordenación

RC

Roi Carballal Wed 11 Feb 2015 1:06PM

Olá,
tal é como se formula non vexo a necesidade de estructura por representates de asociacións ou partidos.
Explícome, coas funcións que describes parece máis unha comisión de información para achegar os avances aos partidos que apoian CA, así que si temos un grupo aberto se lles interesa estar informados que se integren nel. Tamén é certo que para estar informados xa están os grupos de traballo en si, e o foro e Loomio. Sobre a coordinación para as cuestións loxísticas e de apoio aos grupos de traballo, entendo que o apoio destes partidos a CA xa implica que a xente que forma parte deles se integre nas liñas de traballo abertos e se coordinen a partir de ahí.
De todos xeitos si é necesario un grupo de coordinación interno, que sexa do maior número de persoas, sen ningún mínimo. Se hai 10 persoas de cada partido por min estupendo, e se hai 10 dun partido e 1 persoa doutro tamén estupendo. Ao fin non é executiva, nin siquera figura nas funcións levar propostas á asamblea.
Sobre o parágrafo na explicación de que os partidos necesitan "falar con CA" como partidos, pois obviamente o podo entender. Pero me preocupa para que poden querer falar con CA. Participar nos grupos de traballo e nas asambleas é a forma de falar con CA.
Abstéñome na votación.

I

Iria Wed 11 Feb 2015 3:16PM

Gracias @javivazquez1! as dúvidas quedan solventadas. Entendo a necesidade do grupo pero concordo co que di @roicarballal.

XD

Xan Duro Wed 11 Feb 2015 4:31PM

Necesitamos unha comisión coordenadora, sen capacidades decisorias nin representativas, simplemente para executar o mandato asemblear dun xeito ordenado, non coa lingua fora como está a acontecer agora, e para enfrontar os problemas que poidan xurdir no día a día, insisto, sen capacidade decisoria.
Un grupo de máximo 10 persoas con vontade de traballar e estar dispoñible, con manexo de ferramentas de comunicación e posibilidade de manter mínimo unha xuntanza presencial semanal, de adscrición voluntaria e refrendada na primeira asemblea que teñamos

MDD

Manuel Dios Diz Thu 12 Feb 2015 7:07AM

Considero que CA nacíu como unha plataforma cidadá de persoas libres,individuais, con independencia de si teñen militancia política ou non. Non foi nin quixo ser unha coalición partidaria, para eso xa están os partidos. Trátase dun espazo de confluencia de persoas, militen ou non. Polo mesmo, equiparar a CA aberta cun partido político ó uso e conformar unha Coordinadora na que a propia CA esteña representada cunha ou dúas persoas, ó igual que o resto dos partidos, paréceme un erro conceptual e de modelo. Para falar cos partidos temos 5 portavocías, máis que suficiente. Outro asunto é o da coordinación interna de CA, desde logo moi necesaria. penso que podería estar formada polas actuais portavocías cunha representación de cada grupo de traballo constituído. E sempre con carácter aberto, á que puderían integrarse as persoas que o desexen con independencia da súa militancia política ou non. Os partidos políticos, as organizacións sociais,de Compostela, terían que incorporar á súa militancia e simpatizantes a CA de maneira natural, asinar o manifesto, participar na campaña Que concello queres?, nos grupos de traballo estables, nas reunións sectoriais, na elaboración do Programa Participativo, do Código Ético, do Regulamento de Primarias, e presentar os seus candidatos e candidatas ó refrendo de CA e da cidadanía de Compostela que quixera participar para elixir a lista final. Ese é o meu parecer. Apertas e adiante.

Load More