Loomio
Sat 24 Jan 2015 10:44AM

Conflitos culturais que afectan á cidade

X xron Public Seen by 123

Trátase de identificar conflitos abertos e non resoltos no medio cultural que afectan tanto á sustentabilidade da cultura local como á convivencia cidadá. Unha vez identificados, dar respostas a cada un.

X

xron Sat 24 Jan 2015 11:47AM

O estado de excepción musical:

Levamos varios anos de tensión non resolta entre o poder municipal e o tecido cultural da cidade en canto ao tipo de actividades culturais permitidas en establecementos público e tamén na vía pública. Non se trata de simples discusións entre institucións e artistas, entre políticos e hosteleiros, nin tampouco dunha mera cuestión de ordenanzas e normativas legais. É un debate que afecta ao modelo de cidade que queremos.

Información sobre o tema para alimentar o debate:
Manifesto Compostela Territorio Musical, asinado por Asociación de Músicos Ao Vivo, Asociaición Cultural Cidade Vella, Asociación Cultural San Martiño Pinario e numerosas persoas, escolas, comercios, colectivos da cidade: https://www.facebook.com/compostelaterritoriomusical/posts/1525518864395050

O tema nos medios:
http://praza.gal/movementos-sociais/8594/contra-o-estado-de-excepcion-musical-en-compostela/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/01/16/acusan-compostela-vella-manipular-mediciones-ruidos-casco-viejo/0003_201501S16C4991.htm?idioma=galego

Plataforma Santiago sin ruidos (anónima): https://santiagosinruido.wordpress.com/

Ordenanza municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais:
http://www.santiagodecompostela.org/medi/tramites/Normativa_Municipal/1._Ordenanzas_Xerais/Urbanismo/Modificacion_Ordenanza_de_ruidos._26.04.2012.pdf

Borrador do anteproxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (2/12/2013): http://agaxede.org/uploads/file/2013-12-02_%20Borrador%20LEP%20%28tras%20informe%20Igualdade%29.pdf

DOG co texto da lei de espectáculo (mirar Capítulo III): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131227/AnuncioC3B0-201213-0001_gl.html

I

Iria Sat 24 Jan 2015 4:55PM

Algo que me produce unha pena enorme é o crecemento exponencial do proceso de "gentrificación" da Praza de Abastos... Nos últimos anos é patente a transformación en mercadoría turística... Non entendo que un lugar que xa é un atractivo turístico en si mesmo pola sua personalidade se bote a perder desta maneira. Pode que a nivel económico sexan máis rentables estes usos, pero a nivel cultural, de identidade e autenticidade non o teño tan claro. Estaría ben que o beneficio económico non fora o criterio de máis peso á hora de establecer un negocio nun lugar así. Non sei qué opinades vos.

HGD

Horacio González Diéguez Fri 30 Jan 2015 5:54PM

Ten que ver coa cultura e co que comenta Iria respecto da praza. En xeral a preocúpame moito a desaparición de negocios tradicionais, particularmente os relacionados coa artesania, e a sua sustitución por tendas de todo a 100 e de trangalladas turisticas.

M

MariadoMarLopes Mon 2 Feb 2015 9:31PM

Moi positivo a info sobre a situación musical de Compostela. Un tema que tivo moita repercusión nos anos anteriores e que resulta vergoñoso nunha cidade como Santiago. Non podemos permitir unha ordenanza que prohíbe calquera tipo de evento musical. Son bastantes as persoas que se dedican a este ámbito e outras tantas as que sobreviven facendo bolos en diferentes bares e pubs ou que tocan mesmo no arco da Catedral (que inicialmente mesmo foi prohibido).

Mais tamén considero interesante outra cousa...en todos os fíos que vin no Loomio e tamén sobre a preparación dos grupos de traballo para a creación dos foros a partir dos cales poder tirar "un programa" político...vexo a ausencia total da lignua galega...mesmo no de cultura non se fai referencia ningunha á lingua. Acaso non importa este tema?