Loomio
Sat 31 Jan 2015 6:13PM

Nova ferramenta en liña para o debate de programa

XD Xan Duro Public Seen by 82

Polo traballado ate o de agora, o Loomio non semella a ferramenta máis cómoda e intuitiva para desenvolver un debate multitemático como o que desenvolven os distintos grupos de traballo temáticos para a proposta programática.

Así que fago a proposta de empregar unha ferramenta distinta para este traballo: un foro PHPBB3, baseado en software libre. As vantaxes desta feramenta, ao meu ver, son varias:

  • Organízase en árbore: Dunha categoría dada colgan foros que, a súa vez, poden ter subforos. Dentro de cada un o debate organízase en "temas". Por exemplo:

Categoría: Sustentabilidade ambiental
Foro: Enerxía
Subforo: Experiencias noutros concellos
Tema: Audtoría enerxética en Bilbao

  • En cada tema vanse colgando comentarios que poden levar anexos, ligazóns...
  • Permite "subscribirse" a un tema/foro co que cada vez que hai unha novidade chégate un correo-e coa mesma, ou un resumo diario segundo escollas.
  • Permite organizar máis intuitivamente a información e acceder de xeito sinxelo.

Creamos un primeiro borrador que podedes ver en http://foro.compostelaaberta.org/index.php.

Dádevos de alta e botádelle un ollo. Se estades de acordo, podemos trasladar os debates programáticos de Loomio a PHPBB3 e deixar o loomio para cousas máis xerais.

Se aceptamos esta proposta, cada un dos coordenadores/as de grupo de traballo exercerá de moderador do seu grupo, con capaciade para ordenar os foros, abrir novos, eliminar mensaxes non apropiadas etc.

Os foros que se presentan no modelo son de exemplo, implementaremos, no seu caso, os que nos digades.
Como podedes ver hai que mudar o logo e corrixir algúns elementos linguísticos, pero polo demáis está listo para usar.
Tamén pedirvos que cando vos deades de alta empreguedes nome e apelido como usuario/a, é moito máis agradable saber con quen se intercambian opinións

BM

breogan manoel Sat 31 Jan 2015 8:01PM

perfecto!!!

B

Beatriz Sun 1 Feb 2015 9:27AM

Bo día,
carai Xan (e co- autores :) moitas gracias!

Estou/ estarei botándolle unha ollada, logo falamos.
A priori, o asunto de que teña estructura de árbore, simplifica e axuda moito a abarca- lo conxunto.
Saúdos, B.

M

MariadoMarLopes Mon 2 Feb 2015 9:37PM

Por min moito mellor...así centralizamos toda a info sobre e para a proposta programática neses foros, nesa ligazón e así evitamos duplicar temas e podemos encontrar a info dunha maneira máis ràpida e eficaz que no Loomio

C

CarlosNeira Fri 27 Mar 2015 10:10AM

A Marea Atlántica acaba de publicar unha ferramenta de programa colaborativo de código aberto. Está no GitHub (véxase o pé de páxina en http://programa.mareatlantica.org/

A

Antom Fri 27 Mar 2015 10:19AM

já quase a temos nós também incorporada, estamos rematando-a, em quanto estenha rematada avisamos, falta nada.

C

CarlosNeira Fri 27 Mar 2015 10:24AM

Óptimo

M

MariadoMarLopes Fri 27 Mar 2015 10:38AM

Isso mesmo ia responder...que havia gente de CA a trabalhar numa ferramenta semelhante :-)

Enviado de Samsung Mobile

-------- Mensagem original --------
De : "Antom (Loomio)"

Data:27/03/2015 11:19 (GMT+01:00)
Para: [email protected]
Assunto: [Compostela Aberta] Nova ferramenta en liña para o debate de programa

já quase a temos nós também incorporada, estamos rematando-a, em quanto estenha rematada avisamos, falta nada.

Responda a este e-mail diretamente ou veja em www.loomio.org ( https://www.loomio.org/d/cBH576Xt/nova-ferramenta-en-lina-para-o-debate-de-programa?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-587710 ).

Desligar e-mails ( https://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/68005/T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH ) para esta discussão.

Modifique suas preferências de e-mail ( https://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=T69pR1HRC5SM3P9Q9EKH&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para cancelar subscrições destes e-mails.

I

Iria Fri 27 Mar 2015 4:29PM

A plataforma ten moi boa pinta! A verdade e que fai falta, porque parece que ningunha das outras opcións (loomio, foro, web, e redes) acababan de ser útiles coma ferramenta de participación, por unhas razóns ou outras. A verdade e que é un pouco dificil para quen se achega por primeira vez, e mesmo para xente que leva tempo seguindo o proceso estar ó día do que vai sucedendo, do punto no que se está e de como poder participar. Ánimo a quen esté a traballar nela para tela o antes posible!

I

Iria Sun 26 Apr 2015 2:04PM

Cal é o paso seguinte tras o peche da ferramenta de elaboración do programa para seguir coa súa elaboración???? Una pena que durase tan pouco aberto, que pena non ter algo así dende o principio.