Loomio
Fri 16 Jan 2015 2:47PM

Calendario e resumen Xuntanzas con Partidos Políticos

XD Xan Duro Public Seen by 61

Calendario de xuntanzas con forzas políticas:

Podemos - Primeira xuntanza o mércores 14/01 ás 19:00h. 2nda xuntanza mércores 21/01 20:00h.

CxG - Xuntanza o xoves 15/01

EU - Mércores 21 as 17:00 no H. Virxe da Cerca

BNG - Mércores 21 ás 18:20. no H. Virxe da Cerca. Asistiran Rubén Cela e Lucía Vázquez

ANova - 30 xaneiro ás 17:00. H. Virxe da Cerca.

Candidatura do Povo - Están en periodo de reflexión e xa contactará

Equo, Espazo Ecosocialista e Nos-UP expresaron publicamente o seu apoio a CA.

JV

Javi Vázquez Fri 16 Jan 2015 6:06PM

Resumen xuntanza #1 con Podemos, 14/01, 19:00-20:00h:

Compostela Aberta explicou a súa situación actual e expectativas, así como o cronograma: Contactos con partidos e colectivos e preparación de programa, ata mediados de febreiro; primarias abertas resoltas a principios de marzo.

Por parte de Podemos, teñen fixado como límite o 31 de xaneiro para decidir como van ir ás municipais. Non exclúen ningunha opción, teñen que evalualo internamente.

Seguintes pasos: Nova xuntanza durante a semana do 19 de xaneiro. Podemos fará a súa proposta a CA.

JV

Javi Vázquez Fri 16 Jan 2015 6:08PM

Resumen xuntanza con Compromiso por Galicia (CxG), 15/01, 1h:

CxG non se prantexa, por mandato nacional, a converxencia ou dilución en mareas ou plataformas cidadáns. Non cren nelas. En Compostela, ou ben se presentarán en solitario ou coaligados con outra formación política, conservando as súas siglas e pactando os cabezas de listas.

Seguintes pasos: Ningún, quedou claro que non hai posibilidade de acordo.

JV

Javi Vázquez Wed 21 Jan 2015 11:48PM

Resumen xuntanza con Esquerda Unida (EU), 21/01 17:00h:

EU quere manter a súa identidade e conservar as súas siglas. A súa prioridade, comentada publicamente nos medios e tamén na xutanza, é reforzar o espacio AGE (EU + Anova).
Porén, a confluencia con Compostela Aberta é unha posibilidade a avaliar. Por exemplo, dentro dunha coalición de partidos con primarias abertas, na que participarían os seus candidat@s en igualdade co resto.

Seguintes pasos: EU proporá unha nova reunión e fará unha proposta tras consultalo coas súas bases.

JV

Javi Vázquez Wed 21 Jan 2015 11:52PM

Resumen xuntanza co BNG, 21/01 18:20h:

O BNG valora positivamente as iniciativas cidadáns e ve con bos ollos a CA. O máis probable, tal e como indican as súas directrices a nivel nacional, é que concurran ás eleccións en solitario, como alternativa nacionalista.

Seguintes pasos: Compartirán a información no seu consello comarcal, e confirmarán oficialmente se concurren en solitario ou se hai algunha oportunidade de confluencia.

JV

Javi Vázquez Thu 22 Jan 2015 12:00AM

Resumen xuntanza #2 con Podemos, 21/01 20:00h:

O consello cidadá de Podemos Compostela valora positivamente o traballo de CA, e plantexa a confluencia a través dunha "refundación" como plataforma de electores -CA ten actualmente forma legal de partido político-, aproveitando o traballo feito pero creando unha nova marca, na cal seguirían tendo cabida cidadáns con ou sin afiliación política, asociacións e partidos.

Seguintes pasos:
* Javi Vázquez e Mar acudirán a explicar a natureza e situación de CA á asamblea de Podemos, o xoves 22/10 ás 20:00h.
* O círculo Podemos votará sobre a fórmula finalmente elexida para concorrer as eleccións antes do 31/01. Espérase unha decisión similar por parte de CA.
* Plantéxase unha nova xuntanza para compartir as decisións, para planificar os pasos seguintes no caso de que a confluencia sexa aprobada por ambas asambleas.

M

MariadoMarLopes Thu 22 Jan 2015 4:57AM

Bom resumo!

M

MariadoMarLopes Thu 22 Jan 2015 5:05AM

Não sei se seria interessante compartilhar as juntanças destes dias com as pessoas de CA através de mails de imformação (não digo que se envie info dos debates mas info de que está a haver estas reuniões, dias, horas, lugares e partidos envolvidos nestas juntanças). Certamente estes debates também devem srr conhecidos por todos no momento de tomar decisões. As pessoas devem ser as primeiras em serem consultadas e para isso precisam toda a info

@xanduro @senhorgriso @jorgeduarte @iagorm @Noidesucre @javivazquez1 @beatriz14 @miguelserrano @breogan manoel @antom

B

Beatriz Thu 22 Jan 2015 9:06AM

Ola!
como vexades; entendo tamén que é un traballo engadido (= burocracia!!) o ter que andar duplicando info (do loomio) en emails, etc.
Graciñas Mar po- la empatía :)
pero eu entono o "mea culpa!" por non terlle adicado tempo máis regularmente a segui- los fíos de debate e/ou asistir ás asambleas.

Ficamos en contacto, B.

BM

breogan manoel Thu 22 Jan 2015 10:07AM

Entendo que a refundacion seria que CA fose platarforma de eleitors ou ahi entra ata cambiarlle o nome¿

JV

Javi Vázquez Thu 22 Jan 2015 11:02AM

@mariadomarlopes Calquera pode recibir un email con cada actualización deste ou outro fío do Loomio, se así o indica cando se rexistra. Polo tanto, penso que sería duplicar traballo (e encher os inbox da xente ;-))

@breogan manoel O consello social de Podemos falaba de ambas cousas: plataforma de electores + cambio de nome.
Con todo, é un proceso e non unha proposta final. Depende das asambleas internas de cada organización. A semana próxima pode mudar, veremos.
En CA, teremos que decidir como nos presentamos as eleccións, xa con todas as xuntanzas feitas, en 2 semanas, penso.

Load More