Loomio
Fri 13 Feb 2015 9:29PM

Xénero e feminismos

I iñaki Public Seen by 97

Olá,

Vou falar dende a ignorancia, xa que até agora non estou moi metido no proxecto, só participo do grupo de sustentabilidade ambiental.

O pasado mércores 11 de febreiro estiven no encontro organizado en Políticas e quedei moi preocupado, non tanto pola composición da mesa, todos homes, senón pola falta dunha reflexión fonda e autocrítica sobre este feito, para alén dalgunha alusión á confección de listas paritarias.

Non sei se en CA existe xa unha liña de traballo sobre o xénero, ou antipatriarcal, para falar con máis claridade.

De non extistir, animaría a creala. Penso que é un tema fundamental e deixalo atrás sería unha eiva terrible en calquera proxecto que se queira participativo e transformador.

Xa sei que é sinxelo falar, pero non teño demasiado tempo para participar moi activamente en CA. Sinto por iso facer este correo só como un convite, pero se abrides esta liña eu estaría disposto a botar unha man.

Saúdos.

Iñaki.

MDD

Manuel Dios Diz Sat 14 Feb 2015 7:12AM

Comparto plenamente. Existe nas redes unha campaña chamada "Non sen Mulleres" na que os homes asinamos e comprometémonos a non participar nun acto no que a composición sexa toda masculina. A campaña creada para o mes de Marzo pretende facerse extensiva a todo o tempo.

http://www.clasicasymodernas.org/2015/01/cultura-e-igualdad/no-sin-mujeres/ ( http://www.clasicasymodernas..org/2015/01/cultura-e-igualdad/no-sin-mujeres/ )

2015-02-13 22:29 GMT+01:00 iñaki (Loomio) :

iñaki empezó una discusión en Compostela Aberta:

Xénero e feminismos ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion )

Boas.

Olá,

Vou falar dende a ignorancia, xa que até agora non estou moi metido no proxecto, só participo do grupo de sustentabilidade ambiental.

O pasado mércores 11 de febreiro estiven no encontro organizado en Políticas e quedei moi preocupado, non tanto pola composición da mesa, todos homes, senón pola falta dunha reflexión fonda e autocrítica sobre este feito, para alén dalgunha alusión á confección de listas paritarias.

Non sei se en CA existe xa unha liña de traballo sobre o xénero, ou antipatriarcal, para falar con máis claridade.

De non extistir, animaría a creala. Penso que é un tema fundamental e deixalo atrás sería unha eiva terrible en calquera proxecto que se queira participativo e transformador.

Xa sei que é sinxelo falar, pero non teño demasiado tempo para participar moi activamente en CA. Sinto por iso facer este correo só como un convite, pero se abrides esta liña eu estaría disposto a botar unha man.

Saúdos.

Iñaki.

Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio ( http://www.loomio.org/d/Y0Ld2IeM/xenero-e-feminismos?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion ).

Cambia tuspreferencias de correo electrónico ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=1o_jHrd8Ue1EZjwDDPpr&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_discussion ) para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.

MB

Mariajo Bóveda Sat 14 Feb 2015 10:17AM

Sería moi importante crear esa liña de traballo en xénero, certo é que nestes momentos existe unha urxencia clara para a elaboración de programa cara ás municipais, pero o xénero debe ser un tema transversal para a creación dese programa e, polo tanto, do noso discurso. Considero vital a existencia dun grupo de feminismos, ou cando menos dun espazo, aínda que sexa virtual, no que reflexionemos sobre problemas tan graves como a invisibilidade feminina.
Como sabedes nestes momentos algúns dos grupos de traballo de Podemos, como cultura ou mobilidade, están intentando converxer para traballar dentro dos grupos de traballo existentes de CA cos que comparten temática. En Podemos xa existe un grupo de traballo de feminismos, para participar neste grupo non é necesario formar parte de Podemos, nin tan sequera ser simpatizante do proxecto, pretende ser unha plataforma completamente aberta de discusión e colaboración con outros grupos que xa existen na cidade. Propoño o seu uso como grupo de traballo por parte de CA, revisando cambiando e adaptando todo o que resulte necesario para facelo completamente operativo dentro de Compostela Aberta. Por se queredes coñecernos esta é a dirección do loomio
https://www.loomio.org/g/q0CYuGUm/podemos-compostela-feminismos
https://www.loomio.org/g/q0CYuGUm/podemos-compostela-feminismos

I

Iria Sat 14 Feb 2015 5:04PM

Facía tempo que o quería comentar, pero estaba a espera de que se realizara o o encontro "Compostela Aberta á participación e liberdades (integración, igualdade, participación, laicidade ….)" pensando que quizais se crearía a partir desa reunión como foi sucedendo cos outros grupos de traballo, pero penso contigo Iñaki que é urxente a súa creación. Como mínimo se pode abrir un apartado no "foro.compostelaaberta" ou mesmo un espazo no loomio.
Mariajobóbeda o grupo non se pode ver sen unirse?

I

iñaki Sun 15 Feb 2015 10:10AM

Olá.

Penso que o encontro sobre participación é o xoves 19. Pode ser interesante agardar até entón por ver que e como se trata. De todos módos paréceme importante que o xénero e os feminismos (e se queredes tamén as novas masculinidades) sexan unha liña de traballo en si mesma.

Coido que hai dous perigos típicos neste tipo de propostas: se a fórmula escollida é non crear un grupo independente e deixalo como algo transversal, pode que acabe por esvaer, xa que a lóxica do patriarcado sempre relega temas como os coidados ou a diversidade sexual a un segundo ou terceiro plano; de crear un grupo á marxe, o perigo é que se volva marxinal, que quede desconectado e que o seu traballo non repercuta no conxunto.

Para min sería boa calquera alternativa que supoña crear un grupo propio pero cun rol recoñecido dentro de CA, con capacidade para influir nos discursos e prácticas xerais. Supoño que ninguén vai estar en contra de certas cousas, pero iso non chega, hai demasiados macro ou micromachismos a conformar o ambiente que habitamos, tamén nas esquerdas e nos movementos sociais, como para agardar que non determinen certas inercias.

Sobre o do grupo de Podemos, pode estar ben. Todavia non entrei polo que comenta Iria, o de ter que rexistrarme noutro grupo. De todos modos entendo que pode ser máis inclusivo (dentro do esquema de CA) abrir un grupo dentro da propio espazo que ten CA. A min non é algo que me preocupe moito, pero igual hai xente que prefire facelo así.

Unha pregunta para Mariajo, nese grupo de Podemos tendes recollido achegas dos colectivos feministas de Compostela? Para min sería fundamental aproveitar a súa experiencia, de feito proporía facer un encontro aberto e para isto si estaría disposto a colaborar.

Sinto enviarvos este correo-rollo-ladrillo.

Apertas.

J

José Sun 15 Feb 2015 10:38AM

As campañas de sensibilidade están moi ben e son imprescendibles. Gupos de traballo para a reflexión e estudo permiten avanzar. Pero podese empezar polo máis facil, que CA teña unha portavoz.

XD

Xan Duro Sun 15 Feb 2015 10:43AM

Xa ten_ @mariadomarlopes

XD

Xan Duro Sun 15 Feb 2015 10:49AM

Concordo con todas as reflexións. Pero inclínome máis polas de Iñaki na medida en que a orientación "transversal" do traballo probablemente esvae o tema. Unha proposta de compromiso é a creación específica do grupo de traballo de xénero e diversidade e que a xente que participa nel se integre tamén noutros grupos para aportar esa visións específica. As persoas que coordenan os grupos deben facer tamén o traballo de contactar co grupo de traballo de xénero para dotalo desa transversalidade na que todas estamos de acordo.
@mariajoboveda Moitas grazas polo teu ofrecemento pero quizais sexa máis acaído abrir o GdT en CA para que a xente de Podemos e a que non sexa de podemos poida integrarse con naturalidade.
Se estaes de acordo podemos marcar o encontro de participación do xoves 19 como punto de arranque do grupo específico. O único que precisamos é vontade de facelo e unah persoa que se encarge de coordenalo.

XD

Xan Duro Sun 15 Feb 2015 10:52AM

Sen dúbida o programa eleitoral é parte fundamental do proceso de CA mais temos tamén que pensar que os GdT deben ser o xérmolo das estruturas de participación que serán estables ao longo do periodo de goberno municipal, mantendo o fluxo bilateral de información e propostas.
O feito de acadar o goberno municipal, vai facer máis necesarias estas estruturas de apoio.

I

iñaki Sun 15 Feb 2015 8:14PM

Boas.

José, eu cando menos non estou a pensar tanto nun grupo de reflexión como propositivo, capaz de facer propostas concretas cara dentro e cara fóra de CA. E capaz de influir na práctica de CA. Dígoo só por aclarar a miña postura, nada máis.

Concordo con Xan, esa podería ser unha posibilidade de funcionamento, porén, supoño que para concretar isto é mellor agardar á conformación do propio grupo e establecer o seu rol nun diálogo entre as persoas que o integren e o resto de CA, para facilitar á vez a súa autonomía e a súa incardinación efectiva no sistema de traballo xeral de CA.

Sería xenial que fose unha muller quen quixese coordinar isto.

Unha dúbida, o encontro do xoves vai ser telemático? Non sei ben o formato e como pode funcionar para falar deste tema. Que opinades?

MB

Mariajo Bóveda Sun 15 Feb 2015 8:17PM

@iria-r para ver e participar no loomio do grupo de feminismos é necesario solicitar entrada, esta dase de xeito automático, pero hai que pedila, creámolo así, quizais tería máis lóxica que fose aberto, pero non se nos ocorreu facelo dese xeito, aínda que supoño que poderíamo modificalo.
@inaki10 dende o primeiro momento da creación deste grupo de traballo, téñense comezado achegas a outros grupos femininistas de Compostela, tamén estamos en contacto con colectivos LGBT. Como comentaba máis arriba a nosa idea non é a de crear un novo grupo feminista, senón a de ser unha plataforma de discusión e acción, que permita unha colaboración directa cos grupos xa existentes na cidade.
Por outro lado, do mesmo xeito que outros grupos de traballo existentes en Podemos van a traballar cos xa existentes en CA, pareceume o máis doado aproveitar o grupo de feminismos que está funcionando en Podemos para non empezar de 0, evidentemente si se crea un grupo novo dentro de CA estaríamos encant@s de colaborar.
A nosa próxima reunión é este venres día 20, eu non poderei asistir ao encontro de participación do 19, pero supoño que outra xente do grupo de feminismos de podemos si acudirá.

Load More