Loomio
Sat 21 Nov 2015 7:23PM

Horarios das asembleas

I Iria Public Seen by 278

Ultimamente lévanse realizando as asembleas de Compostela Aberta sempre ás 19:30. Sei que é compricado conciliar os horarios de todas as persoas interesadas en participar pero hay moitísima xente que traballa ata as oito e ata as nove (un horario común en moitisimos traballos). Distintas suxerencias de posibles xeitos de minimizar este problema:

  • Realizar un ha rotación dos horarios, para que non se fagan sempre no mesmo.

  • Implementar dinámicas presenciais e telemáticas: 1) Dispoñendo e dinamizando un espazo onde debatir e compartir información previamente á asemblea presencial sobre os puntos do día; 2) Pendurando as grabacións das asembleas para que as persoas que non puideran asistir poidan coñecer o que se tratou; 3) Habilitar algún sistema para que as votacións non se fagan directamente na asemblea se non telemáticamente ou de xeito combinado, alomenos para os temas máis complexos ou trascendentais como por exemplo o da posición fronte as xerais.

-Facer algún tipo de enquisa (non ten moita complicación, por exemplo facela na web) para ter datos reais sobre participación para ir mellorando neste aspecto. Con preguntas por exemplo do tipo: Participas nas asembleas de Compostela Aberta? (si/non); Se a resposta é negativa cal é a causa? (Exemplos: Incompatibilidade horaria por responsabilidades laborais ou familiares / obstáculo físico de accesibilidade / dificultades de desprazamento xeográfico / falta de información / falta de interese / outras...) ; indica a franxa horaria e os días nos que poderías acudir ás asembleas (diferentes opcions para escoller) ; No caso de asistir: atopas algunha dificultade para a participación e a intervención? (Si/non) Cales? (Dinámicas / falta de información suficiente / dificultades físicas / tempo insuficiente / inseguridade ou timidez ) ; utilizas redes sociais, foros ou ferramentas de participación online de Compostela Aberta? (si/non) Cales? (Opciones) . ((Exemplos non meditados, simplemente orientativos)).

Sei que este foro non está a usarse neste momento pero non coñezo outro espazo para debatir e facer suxerencias deste tipo.

Analizar as virtudes e os posibles erros e facendonos autocrítica é a única maneira de ir mellorando e funcionando mellor para acadar os nosos obxectivos, e máis cando xogas con tantos factores na contra.

Apertas a todas/os!!