Loomio
Thu 24 Jul 2014 9:16AM

Acta da primeira asemblea.

PSD Podemos Salvaterra de Miño Public Seen by 10

Na 3ª asemblea, que tivo lugar onte, aprobáronse as actas das dúas primeiras asembleas.

ACTA DA PRIMEIRA ASEMBLEA DO CÍRCULO PODEMOS DE SALVATERRA DO MIÑO.

Reunidas no auditorio do Parque de A Canuda, de Salvaterra de Miño quince persoas, ás nove da tarde do venres once de xullo de dous mil catorce, acadanse os seguintes acordos:

Primeiro: crear o grupo de comunicación do Círculo Podemos de Salvaterra de Miño, que será o encargado de manter as comunicacións internas e externas do círculo.

Segundo: nomear a tres membros voluntarios para xestionar o grupo de comunicación. Estas persoas son Xabier Trigo, Abelardo Fernández e Nacho Rivero.

Terceiro: celebrar a segunda asemblea no mesmo lugar o vindeiro venres día dezaoito de xullo ás vinteunha horas.

Cuarto: Fixar en cada asemblea a seguinte reunión sempre ao principio das reunións, despois de aprobada a acta da asemblea anterior.

Sin máis temas que tratar levántase a sesión ás dez e media.