Loomio

Constitución e validación do círculo Podemos Educación Galicia

MG Marta Garcia Public Seen by 204

Abro este espazo para tratar sobre a constitución e validación Podemos Educación Galicia. Coido que o círculo non existe, se estou errada, agradeceré que alguen me corrixa. Até hai pouco existía unha páxina en Facebook pero foi pechada, nos circulos territoriais tampouco me saben dar razón, aínda que hai grupos de traballo de Educación e aportáronse textos para a configuración do manifesto do círculo estatal ningún viña asinado por un círculo galego.

PN

Pablo Nimo Sun 22 Mar 2015 11:13AM

Si non hai círculo de educación en Galicia haberá que crealo, non?
Como procedemos, creamos un correo para enviar a diferentes círculos e que se anime a xente?

MG

Marta Garcia Sun 22 Mar 2015 12:59PM

Si, eu levo tempo buscando e cheguei á conclusión de que o círculo galego non está constituído. E é unha mágoa porque, nestes días, está a traballarse na creación do círculo estatal. No proceso estan implicados os círculos de educación que xa existen en varias comunidades (Madrid, Andalucía, Murcia e Cataluña), ademais do Disruptivo. Falouse de constituír unha comisión formada por representantes dos círculos das comunidades para estar en contacto e coordinar algúns traballos, e estaría ben que Galicia formase parte disto e estivese presente desde o principio.
Por eso tratei de contactar co círculo e atopei que a páxina de FB xa non existía e que non había referencias a él. Así que polo momento reabrín a páxina e creei o correo circuloeducació[email protected].
Non tiven tempo de facer moito máis. A miña idea era para esta semana recopilar direccións e envíar un correo os círculos galegos (e os responsables das suas páxinas en Facebook). Sí sei que hai xente interesada no tema de educación xa que alguén fixo chegar textos elaborados por distintos círculos galegos para a posta en común da que saiu o manifesto fundacional de Podemos Educación Estatal.

PC

Pombiña Cuen Sat 28 Mar 2015 1:18AM

Eu tamén estou interesada no círculo Educación Galicia , contade conmigo.