Loomio
Sat 23 Jan 2016 7:16PM

COMISIÓN DE ARTES DE RÚA

I Iria Public Seen by 341

Na anterior comisión de “Catalogación de Recursos Culturais” do Grupo de Traballo de Cultura acotáronse diferentes casos de estudo para afondar. Un deles foi o das “artes de rúa”, ese conxunto de actividades artísticas que comparten as rúas de Compostela con veciñas, veciños e visitantes.

Este sábado día 23 de Xaneiro onstituiuse unha comisión de traballo formada por persoas relacionadas directa ou indirectamente coas artes de rúa con interese en traballar nos seguintes puntos:

_Fortalecemento dunha rede de comunicación e colaboración entre as diferentes artes de rúa para visibilizar e potenciar o seu papel coma valor e recurso cultural de Compostela

_Anáilise das “Normas Reguladoras da Realización de Actividades Artísticas na Vía Pública” e elaboración de propostas de mellora para trasladalas ó departamento de Tráfico (Concellería de Medio Ambiente e Convivencia) pois teñen a intención de comezar a traballar na súa renovación durante o vindeiro trimestre.

I

Iria Tue 26 Jan 2016 2:08PM

Adxunto a Acta da Comisión de Artes de Rúa do 23-01-2016.

I

Iria Sat 5 Mar 2016 9:02PM

O Xoves 25 de Febreiro, tivo lugar a 2ª xuntanza da comisión de "Artes de Rúa" do Grupo de Traballo de Cultura.
Constituiuse unha comisión de traballo formada por persoas relacionadas directa ou indirectamente coas artes de rúa interesadas na mellora e potenciación deste recurso cultural e en traballar na elaboración de propostas concretas para a renovación da normativa que está a comezar ó concello de xeito transversal polas diferentes áreas implicadas.
Orde do día foi:
_Presentación, lectura e aprobación da acta da xuntanza anterior.
_Posta en común das cuestións xerais e específicas ás que tería que responder á nova normativa. Agrupación e clasificación por prioridade (90min aprox).
_Traballo sobre as posibles solucións e propostas para comezar a darlles forma(90min aprox).
_Fixación da data para a seguinte reunión.

I

Iria Sat 5 Mar 2016 9:05PM

Estepóximo xoves celebrarase a 3ª xuntanza da comisión de "Artes de Rúa" encadrada dentro do Grupo de Traballo de Cultura de Compostela Aberta. É un espazo de encontro para todas as persoas relacionadas directa ou indirectamente coas artes de rúa, que estén interesadas na mellora e potenciación deste recurso cultural e en traballar na elaboración de propostas concretas para a renovación da normativa que está a comezar o concello de xeito transversal polas diferentes áreas implicadas.

Día: Xoves 10 de Marzo ás 10:00
Lugar: Local de Compostela Aberta (antigos almacéns Olmedo) Praza do Toural.

Orde do día:
1. Presentación, lectura e aprobación da acta la xuntanza anterior.
2. Información sobre a xuntanza transversal que se celebrou o día 26 de febreiro entre as diferentes áreas do concello sobre a Normativa de Actividades Artísticas na Vía Pública.
3. Traballo sobre a elaboración de propostas para dar solución ás distintas cuestións postas en común na xuntanza anterior da comisión de Artes de Rúa (partirase do documento de borrador de proposta de normativa elaborado por un grupo de compañeiros/as, engadindo, eliminando e modificando os puntos que se consideren oportunos).
4. Fixación da data para a seguinte reunión.
Un cordial saúdo da equipa de coordinación do Grupo de Cultura!

I

Iria Wed 25 May 2016 1:44PM

Adxunto a Acta da Comisión de Artes de Rúa do 25-02-2016.

I

Iria Wed 25 May 2016 2:45PM

Adxunto a Acta da Comisión de Artes de Rúa do 10-03-2016.

I

Iria Wed 25 May 2016 2:48PM

Normativa reguladora das actividades artísticas na vía pública (Proposta consensuada polos artístas de rúa)

I

Iria Wed 25 May 2016 2:52PM

Documentos de traballo utilizados durante o proceso:
_Cronoloxía que fai un repaso dos distintos xeitos de regular as artes de rúa nos últimos anos.
_Esquema para abordar as artes de rúa e cuestións a plantexarse.