Loomio
Thu 17 Oct 2019

Entender e explicar a Sabia

MML
Mario Martínez Lorenzo Public Seen by 131

Espacio para compartir recursos, ideas e en exeral para facilitar a boa comprensión da moeda para todas as usuarias. Podedes compartir as dúbidas que vos plantexa a xente cando lles falades da moeda ou críticas, suxerencias e conversas que teñades ao redor da moeda. :nerd:

MML

Mario Martínez Lorenzo Thu 17 Oct 2019

Para comezar quero compartir con vós unha conversa que tivemos por mail eu e un tal Sanel Contreras que non sei como atopou a páxina da moeda sorprendentemente uns días despois de ter creado a web e sen terlle feito a penas difusión. O tio moi amablemente aporta as súas recomendacións ademáis de intentar comprender como funciona a moeda en base ás explicacións precarias que había en aquel momento na web. Espero que o disfrutedes. :slight_smile: