Loomio

Espazos fixos rotatorios para as asembleas

XD Xan Duro Public Seen by 47

Acabo de presentar a solicitude do salón de actos do CSC O Ensanche para os días 24 de novembro, 23 de decembro e 20 de xaneiro de 19:30 a 21:30.
A ver que respostan

M

MariadoMarLopes Tue 4 Nov 2014 12:53AM

Xenial @xanduro , a ver que che responden. Mantenos informados :-)

XD

Xan Duro Tue 4 Nov 2014 6:39PM

Respostaron. Non hai problema en cedernos os espazos, o único e que nesas datas están ocupados. Quedei en falar mañá coa responsábel para buscar os ocos no se calendario, así que terémonos que adaptar. Cando menos mantemos o mesmo sitio

M

MariadoMarLopes Wed 5 Nov 2014 12:58PM

Pois si Xan, se podes fala con eles a ver... grazas polo teu traballo :-)

XD

Xan Duro Wed 5 Nov 2014 3:46PM

Malas novas. O único que teñen libre de aquí a xaneiro é:
sábado 22 de novembro ( horario do centro de 16:30 a 20:30 h)
sábado 13 ou 27 de decembro ( horario do centro de 16:30 a 20:30 h)
mércores 21 de xaneiro 2015 de 19:30 a 21:30 Hrs

M

MariadoMarLopes Thu 6 Nov 2014 11:02AM

Bueno...podia ser pior. Não sei que opina a gente...podemos olhar outro CS??

XD

Xan Duro Thu 6 Nov 2014 2:25PM

Fontiñas non sei se ten salón de actos. O de Cornes (Conxo) igual está un pouco a desmán, A Trisca é pequeno, Vite é outra posibilidade

JD

Jorge Duarte Thu 6 Nov 2014 3:16PM

Cando fixen a reserva da Silveira, comentei a posibilidade de que nos deixaran o salón de actos do Hotel Virxe da Cerca de Pousadas de Compostela. O local ten capacidade para cincuenta ou sesenta persoas e prestanlla habitualmente a algúns grupos políticos. No noso caso cederiannola sen custe. E un local accesible e poderíamos fixar o horario cun limite para rematar antes das once da noite.

XD

Xan Duro Thu 6 Nov 2014 3:38PM

Non é mal sitio namentres non teñamos asembleas masivas ;-)

JD

Jorge Duarte Thu 6 Nov 2014 4:25PM

Podo preguntar si seria posible o luns ou millor o marte 25 as oito para podelo aprobar xa na asamblea do luns.
Temos que pensar tamen no lugar de celebracion das xornadas que plantexabanse para final de mes e tampouco temos local ainda que coido que un lugar publico seria millor opcion.

XD

Xan Duro Thu 6 Nov 2014 5:27PM

Perfecto, para o martes 25.
Para as xornadas, habería que o formato e datas para ver que local pode ser máis acaido