Loomio
Sat 1 Aug 2015 10:14AM

Xornadas de intercirculos

IA Ivan Amoedo Public Seen by 13

Ola compañeir@s, o equipo de responsables de participación estamos a organizar unhas xornadas programáticas por todo o territorio autonómico, co fin de seleccionar propostas para o programa estatal de maneira colaborativa, o obxetivo é facer unha acción coordinada para elevar unhas propostas de consenso Galego.

O formato é na liña de concurso de ideas, onde as máis valoradas serán as que presentemos en Plaza podemos.

Nas xornadas colaboramos os distintos órganos de podemos, Círculos,Sxs, CCMs, CCA e inscrit@s, e tamén fomentaremos a presenza de candidat@s, dinamizando o traballo colaborativo a cohesión da organización e a intelixencia colectiva.

É importante recordar que as propostas teñen que ser de competencia Estatal, pois é o programa estatal o que estamos a confeccionar neste intre. Hai problemáticas, que aínda sendo locais, a súa competencia reside no estado, como poden ser o paso dunha vía do tren, unha autoestrada, unha concesión en chan marítimo terrestre...., estas propostasas pasarémolas a secretaría de rescate cidadá para que as presente ó equipo de coordinación de programa que seleccionará unha ou dúas por provincia directamente para o programa, como propostas locais.

O formato proposto consta de dúas fases, na primeira facemos asembleas comarcais onde se presentan as propostas e se votan, non temos tempo para visitar círculo a círculo polo que teremos que agrupar, e na segunda, se suben a plaza Galicia as máis valoradas en cada asemblea comarcal, para que todas as que queiramos participar as votemos. As propostas seleccionadas as subimos a plaza Galicia dende o equipo de participación, dando un formato único para todas as propostas.

As propostas gañadoras subimolas a Plaza Podemos cun usuario que recolla a todos os círculos de Galicia, que creamos dende o equipo de participación e xa nos queda para outras iniciativas que fagamos consensuadas, podemos chamarlle intercírculos Galicia, Consenso Círculos Galicia, Círculos Galicia....

          Método

Xs integrantes do grupo de participación dividimos por zoas as catro provincias e organizamos a xornada da nosa comarca, reserva do espazo, difusión do evento, equipos de audio, dinamización da elaboración de propostas nos nosos círculos, é importante que procuremos que cada círculo leve alomenos unha proposta, e tamén invitar a colectivos e xente de movementos para introducir as súas propostas.

Na xornada, primeiramente presentamos o programa colaborativo, dende o foro do cambio, pasando pola forma de participar individualmente e por último explicamos a proposta que estamos a desenrolar, a continuación as compañeiras que levan propostas, preséntanas, abrindo un quenda de intervencións para despexar dúbidas e o rematar a presentación das propostas procedemos a votación para elexir as que pasarán a Plaza Galicia. despois de rematar a votación abrimos quendas de intervención, aproveitando que nos xuntamos, para poder aclarar dúbidas con respecto a elaboración do programa ou a campaña.

Coas propostas seleccionadas, xa en Plaza Galicia, deixamos unha semana de votacións, difundimos a iniciativa dende o equipo de redes e animamos ós inscritos a participar na elección das propostas de consenso Galicia.

As propostas que consigan máis apoios colgamolas en Plaza Podemos para poder votalas alí e que poidan pasar a última fase do programa colaborativo estatal.

IA

Ivan Amoedo Sat 1 Aug 2015 10:15AM