Loomio
Mon 2 Feb 2015 10:04PM

Compostela Aberta apoia manifestação convocada por Queremos Galego

M MariadoMarLopes Public Seen by 60

Escrevi um artigo em que Compostela Aberta apoia a manifestação de dia 8 de fevereiro convocada por Queremos Galego em defesa da língua galega. Gostaria muito de que o léssedes, opinássedes, e mudássedes o que considerardes importante.

Graças a Roi Carballal, o texto está subido em GoogleDocs

https://docs.google.com/document/d/1OlIlgdD3lhdPFEhSnWH_UdTJ7yKJS3pDHGjG9En1mEw/edit

SN

suso noya Tue 3 Feb 2015 12:46AM

a Lei Paz-Andrade visa:
«promover a língua portuguesa no sistema de ensino galego; estimular a produção e o intercâmbio de conteúdos em português nos meios de comunicação da Galiza; e integrar essa comunidade autónoma no espaço lusófono, nomeadamente na Comunidade dos Países de Língua Portuguesa. Eis as três principais "linhas de trabalho" da lei para o Aproveitamento da Língua Portuguesa e Vínculos com a Lusofonia, também chamada lei Paz-Andrade, aprovada, por unanimidade, no Parlamento galego, em abril passado. Um consenso "histórico" que assinala um ponto de viragem na política linguística do governo galego...»

"nem souberam cumprir a Lei de Normalización Lingüística do galego, que eles aprovaram sem reparos, nem calculo que vaiam impulsar esta outra sobre o português,"
http://praza.gal/opinion/2272/galegos-no-jornal-de-letras/

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 7:21AM

@susonoya posso incluir o que indicas no artigo ;-)

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 7:23AM

@jorgeduarte @antom @Xose Anton @xanduro @beatriz14 @javivazquez1 @miguelserrano @manueldiosdiz @breogan manoel @senhorgriso @reinadhoore etc..

JV

Javi Vázquez Tue 3 Feb 2015 9:37AM

Sinto decir que discrepo con varias partes do texto, porque non parece de apoio. O máis relevante:

1- "Apoiar" a manifestación criticándoa
Resúltame estrano, incluso inapropiado neste momento, ou non o entendo por faltarme contexto.
É difícil de explicar un apoio con tal nivel de crítica: " chega 6 anos tarde", "insuficiente", "reticencias sobre a maneira en que a convocatoria foi realizada e sobre o propio espírito da manifestación", etc.

2- Emenda a totalidade e medidas concretas para a promoción do portugués.
Nun texto de apoio é moi complicado explicar, na miña modesta opinión, o sentido de incluir unha emenda a Lei de Normalización e medidas concretas de apoio ao portugués.
Podo estar ou non dacordo con elas (insisto, fáltame contexto), pero non vexo a lóxica de propoñelas como unha postura de CA nun texto de suposto apoio a unha mobilización en defensa do galego.

En resumen, persoalmente non podo apoiar a publicación na web deste apoio tal e como está redactado, porque o seu alcance vai máis aló do manifesto de CA, e para min requeriría un extenso debate previo :-)

Con todo, podedes crear unha votación no Loomio para recoller outras opinións de forma explícita.

XD

Xan Duro Tue 3 Feb 2015 10:32AM

Sen entrar no fondo do texto, co que podo estar de acordo, ou non ;-), comparto a opinión de @javivazquez1 de que soborda ámplamente o que pode ser un texto de apoio desde CA. O texto propón medidas de programa eleitoral e de ámbito país. Estamos nos primeiros chanzos da redacción dun programa eleitoral e publicar a nota tal como está, enfróntanos a dous escenarios posíbeis:
1. Dar por pechado antes de comezar o debate sobre medidas de apoio a lingua
2. Entrar en contradiccións se o que se aproba non é exactamente o que se defende no texto.
O texto debería explicitar apoio e a postura de CA recollida no manifesto e nos principios, denunciar a situación da lingua e emplazar ás forzas políticas a traballar a prol dela
Non estamos en condicións de demandar máis

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 10:56AM

Copio aquí as miñas críticas porque vexo que non se mandou o texto que enviei:

"Pois é moi simple. A convocatoria da manifestación é claramente electoralista, organizada como sempre polo ámbito do BNG. Queremos Galego é unha plataforma creada polo BNG e para o BNG de apoio á lingua, creada cando saíu o decretazo do galego que reduce a mínima expresión a lingua galega no ensino. Desde logo a aparición desta plataforma foi e é positiva pero nunca actuou en defensa e promoción do galego se non era directamente protestando contra políticas levadas a cabo polo goberno do PP contra o galego. CErtamente protestar é importante, pero nunca estableceu unha rede de apoio e conexión entre todas as asociacións,. colectivos, entidades, organismos, plataformas etc que defenden o galego e que o promocionan. As súas actividades sempre foron en exclusiva para se manifestar contra políticas determinadas, nunca foi proactiva. Por outro lado, o PP non é o único partido que levou a cabo políticas contrarias contra o galego, certamente é o máis activo na súa despromoción e ataque, mais o propio galeguismo e nacionalismo cando co-gobernoou co PSOE levou a cabo unha política completamente suave e pasota co galego, deixando facer e impedindo aplicar normas máis amplas e atrevidas. Así mesmo, Queremos Galego non é unha plataforma que se diga coherente nin democrática, por moito que fale diso. Eu participei dentrpo de Queremos Galego e escapei ao momento desas dinámicas: dinámicas en que se impedía aos colectivos participar na constitución de iniciativas en defensa do galego, dinámicas en que te obrigaban directamente a aceptar iniciativzas preparadas e precociñadas vindas directamente do bureau do BNG, dinámicas en que tiñas que pagar 1000 e pico euros para te converter nun membro de pleno dereito, dinámicas en que unha iniciativa era lanzada polo bureau do BNG e tiñas que aceptala e participar nela sen máis, sen poder propor melloras nin nada novo...así é como funciona Queremos Galego. Eles lanzan unha convocatoria de manifestación e obrigan a todos os colectivos a atérense a esa convocatoria, sen poder ser promotores da propia convocatoria nin mudar nada ao respecto. Nós defendemos como Compostela Aberta que somos que a cidadanía poda participar, que a cidadanía sexa construtora do seu futuro...polo tanto Queremos Galego non serve...daí as miñas críticas.

O cumprimento da Lei de Normalización Lingüística é fulcral e certamenten non se está a facer...pero tamén hai que ser moi críticos con esta Lei...Tanto o Estatuto de Autonomia como a LNL, como o Plano Xeral de Normalización Lingüística nin sequera mencionan a relación coa lusofonía. Porén moitas comunicades autónomas que non teñen lingua propia, ou que teñen unha lingua que desde logo non é a galega nin ten relación ningunha coa lusofonía si o fan. COmo se pode permitir que un estatuto como o galego, e unha LNL, que un Plano Xeral de Normalización Lingüística non faga referencia NINGUNHA do relacionamento de Galicia coa lusofonía, sendo que Galicia ten unha lingua que é completamente PARELLA co portugués? Como podemos permitir que a poboación galega coñeza perfectamente a hispanofonía e ignore toda a lusofonía? Como se pode permitir que un galego coñeza Shakira, coñeza Rubén Darío, coñeza a presidenta de Arxentina, Bolivia, Ecuador, Perú etc...e non coñeza absolutamente ningún autor portugués, brasileiro, angolano, descoñeza calquera dato sobre a política brasileira, portuguesa, etc...descoñeza calquera músico, pintor, cantante etc da lusofonía? A que xogamos? A isolar 100% Galicia e que o galego se vaia perdendo completamente ou a relacionar o galego con 200.000.000 de falantes e a dar unha visión útil da nosa lingua? Xogamos a esmorecer? Eu niso non entro. Hai que mudar o discurso lingüístico que non pasa certamente nin co monolingUísmo, nin co bilingüísmo...é importante chegar ao bilingüísmo mais nas últimas décadas as políticas non foron focadas nin sequera a conseguir algo tan simple como o bilingüísmo, senón a conseguir unicamente o monolingüismo en castellano. Eu propoño un discurso onde a lusofonía estea presente, e con isto non estou a dicir que o galego se teña que escribir como o portugués desde xa, senón a que a poboación galega e concretamente Compostelá teña relación grazas ao concello coa lusofonía e vexa que o galego non só serve para Galicia. Propoño un discurso que ultrapase o bilingüísmo e xogue abertamente co plurilingüísmo...un discuro que respecte as linguas e as promova. É claro que o concello debe utilizar políticas monolingúes en galego mais o discurso a empregar debe ser radicalmente diferente para a promoción da lingua.

Considero que continuar co mesmo discurso lingüístico e non mudar as tornas é un erro enorme e que traerá factura moi grave. Actualmente só o 15% dos rapaces novos usan o galego. En 2 xeracións a cousa perderase se continuamos así. Estamos nun proceso de emerxencia moi graver...ou somos agora atrevidos e radicalmente diferentes ou o galego non terá futuro. E a desaparición dunha lingua non só ten que ver coa ruptura na transmisión interxeracional, senón coa propia hibridización do idioma...unha lingua pode dialectalizarse, pode morrer asimilada noutra lingua, no noso caso o castelán...e iso está a acontecer hoxe en día. A lusofonía xoga ao contrario, a mellorar tamén a nosa propia lingua. É tan simple coma iso.

O meu texto é critico, apoia a manifa pero non sde deixa enganar polo mesmo discurso de sempre. Considero qque o concello compostelán ten que ser pioneiro na aplicación da ILP Valentín Paz-Andrade. Aplicación desta iniciativa desde o plurilinguísmo e a intelixencia. Opóñome a caer nas garras de Queremos Galego e do discurso oficialista da lingua galega que nos levou á situación que vivimos hoxe en día. Estou dacordo coa modificación se queredes da mudanza da "enmenda á totalidade do Plano Xeral de Normalización". Eu incluiría a info subliñada por Suso Noya para sermos máis claros neste artigo.

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 10:59AM

Paréceme ben o que di Xan, mais eu pregunto: hai ideas sobre todo tipo de ámbitos lanzándose desde Compostela Aberta: sobre urbanismo, sobre territorio, sobre cultura, sobre política institucional etc...pero nada referente á lingua. Acaso non importa? Considero que debe haber un grupo de traballo sobre isto. Eu encárgome de polo en funcionamento se queredes...o que non pode ser é deixar pasar isto e despois que non teñamos idea clara do que Compostela Aberta quere a respecto da lingua...temos idea sobre todo, estamos creando foros de discusión sobre moitos temas...pero a lingua é moi importante e máis nestes momentos de emerxencia total e a posición de Compostela Aberta debe ser clara e novidosa. Eu podo incluir información a debater sobre lingua e medidas a facer sobre a lingua sempre que se cree un grupo de traballo transversal. E xa o dixen varias veces pero parece que se me toma por tola

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 11:01AM

Por outro lado e xa por último, podo mudar a maneira de expresar as cousas no artigo. Podo tamén facer referencia á ILP Valentin Paz-Andrade e ao noso apoio se así resulta mellor, pero creo que tamén debemos ofrecer unha crítica do camiño actual que leva a lingua e das súas políticas...alé á plataforma de Queremos Galego

XD

Xan Duro Tue 3 Feb 2015 11:07AM

Pois se queres dalle unha volta. E adiante co grupo de lingua pero penso que Sabela de comunicación tamén andaba as voltas con iso.

M

MariadoMarLopes Tue 3 Feb 2015 11:10AM

Sabes cal é o correo de Sabela, @xanduro

Load More