Loomio
Wed 22 Nov 2017 12:16PM

Acceso á cultura

RF Roberto FC Public Seen by 348

Facilitar aos nenos e nenas do municipio o acceso á cultura e
potenciar o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas.

 Incrementar as actividades culturais e artísticas gratuítas dirixidas á poboación infantil e adolescente.

 Pór en marcha unha liña de agasallos como recoñecemento ás creacións artísticas de rapazas/ces nos diferentes ámbitos culturais.

 Establecer canles de difusión das creacións artísticas, as obras culturais ou os logros deportivos dos rapaces/as do Concello de Ourense.

 Promocionar a cultura e tradicións galegas, e o patrimonio cultural e artístico da cidade.

 Promocionar a realización de máis actividades no ámbito das ciencias e da tecnoloxía.