Loomio

Codigo ético. Enmenda 23

XD Xan Duro Public Seen by 224

Nº enmenda - 23
Documento - Código Ético
Páxina / liña - 3/106
Tipo de enmenda - Substitución
Persoa que a presenta - David Domenech

Texto da enmenda
Para os cargos electos sen dedicación exclusiva, poderán recibir como retribución ata un máximo mensual dun salario mínimo interprofesional, no exercicio da actividade do cargo seguindo o seguinte baremo:
Cargos con ingresos menores a un Salario Mínimo Interprofesional 100 %
Cargos con ingresos entre 1 e 1,5 Salario Mínimo Interprofesional 66%
Cargos con ingresos entre 1,5 e 2 Salario Mínimo Interprofesional 50%
Cargos con ingresos maiores a 2 Salario Mínimo Interprofesional

Xustificación da enmenda
fala das retribucións que poderán ter todos aqueles CARGOS ELECTOS que non teñan unha dedicación exxclusiva. Por exemplo, algunha destas retribucións poden ser: asistencia a plenos, asistencia a commission, asistencia a reunions de empresas nos que os devanditos cargos poidan ter que exercer algún tipo de posto no que poidan percibir algunha retribución.

Nestes casos, e dependendo dos ingresos mensuais dos que dispoña a persoa, poderan percibir eses ingresos.

No caso de que se dispoña dunha retribución exclusive, NO TERÁN DEREITO A PERCIBIR NADA ADICIONAL FORA DO MARCADO (aprobado na enmenda 21)


Texto orixinal
Non hai

BFV

Borja Fdez-Montenegro Varela Mon 2 Mar 2015 6:08PM

Antón a transacción que se fixo foi con respeto a outro punto

AIL

Anton Insua Lopez Tue 3 Mar 2015 8:41AM

Grazas Borja pola aclaración. Procedo ao desbloqueo.
Saúdos

JDP

José Díaz Pérez Tue 3 Mar 2015 9:50AM

Non estou de acordo. O SMI é un salario indigno para calquera traballador, (afecta a 245.000 traballadores no estado español). En todo caso, xa que considero que é un salario indigno, si se toma como referencia o SMI, deberíase tomar as referencias sindicais e incluso europeas que o fixan en torno aos 1000 euros.