Loomio
Mon 15 Dec 2014 5:24PM

Retomamos mesas informativas #Queconcelloqueres

RC Roi Carballal Public Seen by 63

Abro un fío de novo sobre este tema. Por diversos motivos deixaronse pasar varias xornadas da campaña Que Concello Queres? sen poñer mesa.
Deberíamos retomala cun pequeno esforzo nestes días previos ao Nada. Unha proposta se é viable por cuestión de permisos sería poñer mércores tarde en Praza do Toural e Xoves tarde en Porta do Camiño, a previsión climatolóxica para estes dous días polo momento non é horrible. Así que creo que é unha boa ocasión.
A aqueles que non participachedes ainda nesta actividade, é altamente recomendable. Cómo dicía Jorge Duarte noutra entrada, no contacto coa xente apreciase a demanda que hai dun proceso como o que CA propón.
Voluntarios para estes días?.
Hai un grupo de whatsapp coa xente que estaba apuntada inicialmente ás mesas, se alguén quere que o incorpore a este grupo que me envíe o número de teléfone a [email protected].
Se non ten whatshapp e queres que se te avise por outro medio do día e hora das mesas, deixade tamén a forma de contacto tamén nese correo.
Saúde.

XD

Xan Duro Wed 7 Jan 2015 8:37AM

Por min perfecto

O 7 Xan, 2015 02:18, "Xesús Fernández Neira (Loomio)" escribiu:

Aprobouse nunha asembleia de CA, ante a demanda dunha persoa con diversidade funcional, incluir na portada do Manifesto unha imaxe dunha persoa con cadeira de rodas, asi coma un texto que fixera referencia as demandas deste colectivo.

Eu encargueime de elaborar o texto. Penso que se podería incluir no apartado ABERTA A UN NOVO URBANISMO , de forma que quedase así:

ABERTA A UN NOVO URBANISMO

Que privilexie a rehabilitación social, os criterios técnicos e democráticos na mobilidade e nos transportes públicos, os alugueres dignos; “que impulse a aplicación do principio de accesibilidade universal das persoas con diversidade funcional ” ;que integre e mellore, coa súa participación, as esquecidas parroquias rurais; que fomente a economía participativa e a calidade de vida.

Por suposto sen entrecomillado.

Qué vos parece?

Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio ( http://www.loomio.org/d/3YeJ42Sx/retomamos-mesas-informativas-queconcelloqueres?utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment#comment-430726 ).

Dejar de seguir ( http://www.loomio.org/email_actions/unfollow_discussion/58482/fkYsuWkxXrmuCLqLoafj ) para detener correos electrónicos acerca de esta discusión.

Cambia tuspreferencias de correo electrónico ( http://www.loomio.org/email_preferences?unsubscribe_token=fkYsuWkxXrmuCLqLoafj&utm_campaign=thread_mailer&utm_medium=email&utm_source=new_comment ) para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.

XD

Xan Duro Wed 7 Jan 2015 9:41AM

Tamén hai que mudar o logo polo qeu saiu elixido na votación das propostas de @senhorgriso , aínda que só votamos 9 persoas. O logo elixido foi o nº 7

S

senhorgriso Wed 7 Jan 2015 6:14PM

Ola ola, aqui está o novo tríptico.

Leva novo:

1º- Un debuxo dunha persoa en silla de rodas como se pediu, na portada.
2º- Unha frase a maiores, no apartado dedicado ao urbanismo.
3º- O novo logo co símbolo "+" elixido, abaixo na parte central e traseira do tríptico.

Ben, dicir que:
A maiores puxen dous novos deseños de logo no tríptico, en dúas follas onde se lee soamente no bocadiño do logo:"COMPOSTELA ABERTA"

Esto fíxeno pois porque non estou como deseñador, convencido de todo co anterior logotipo e co novo cambio de imaxe. Tod@s sabemos que o cambio foi obrigado pois xa existía un grupo con esas siglas en asturias.

Pensandoo ben, e tendo en conta unha ollada detida ao noso arredor, coas plataformas, movementos e demáis que están a agromar por toda Galiza, vin que a maioría teñen o nome soamente no medio do logotipo e a cor é o que mellor as identifica. Ademáis, colocar soamente o noso nome dentro xa non acarrea ningún problema. Fixen pois este tríptico de cara a unha nova e hipotética resolución final que se tome nunha asemblea próxima, onde este punto e tema anque menos importante penso que é imprescindible para conseguir unha imaxe final potente e clara da plataforma.

Que opinades?

XD

Xan Duro Wed 7 Jan 2015 6:35PM

Pois paréceme unha boa idea. Coa modificación inicial arriscabamonos a que nola botaran abaixo de novo. Con esta non hai problema.

S

senhorgriso Wed 7 Jan 2015 6:49PM

pois por si acaso, xa vou elaborando varios destos co nome soamente dentro do bocadiño, para ir tendo xa preparados para as redes sociais etc.... Ademáis este permite por frases, e textos na parte que corresponde ao trianguliño do bocadiño.

S

senhorgriso Wed 7 Jan 2015 8:46PM

De feito, aquí teño un papel DIN A4 co logotipo de COMPOSTELA ABERTA no bocadiño, e palabras abaixo para calquera ocasión que teña que ver co tema que significa a palabra.
Admito máis suxerencias para seguir elaborando palabras.
ë mellor unha soa palabra que resuma o tema, máximo dúas si se quere.
Así cando escribamos sobre temas determinados, ben sexa na páxina web, facebook etc... xa se pode por como pé de páxina ou título, na páxina ou no que sexa, e vai quedando gravado o nome da plataforma nas persoas visualmente. Ok?

Claro, tedes que saber recortar as imaxes con calquera programiña sinxeliño.

Tamén o subo aquí en jpg, ok?

XFN

Xesús Fernández Neira Fri 9 Jan 2015 3:21PM

Totalemente de acordo coas novas propostas de logo. Agora xa non haberá ningún problema para rexistralo, Ademais , como ben comentas ,da moito xogo.

XFN

Xesús Fernández Neira Fri 9 Jan 2015 3:27PM

Por certo vou facer esta tarde 200 fotocopias en branco e negro do tríptico para ter que repartir hoxe no Toural e mañá na Praza de Abastos.

MDD

Manuel Dios Diz Wed 10 Aug 2016 4:49PM

facebook ( https://www.facebook.com/p.php?i=1420567119&k=AQDPU-TPjwf5l1gJuUMn-cFmtrPZ_ZTHdsc2hyatnp1dc1ihsK1LEUjhvg3DwhQyO-Hod32Y1DNlfFhchmADB6M9x8I&r&app_id=350685531728 )

( https://www.facebook.com/p.php?i=1420567119&k=AQDPU-TPjwf5l1gJuUMn-cFmtrPZ_ZTHdsc2hyatnp1dc1ihsK1LEUjhvg3DwhQyO-Hod32Y1DNlfFhchmADB6M9x8I&r&app_id=350685531728 )

Check out Manuel's photos on Facebook.

If you sign up for Facebook, you'll be able to stay connected with friends by seeing their photos and videos, staying up to date with their latest status updates, exchanging messages and
more.

Convida a Manuel a usar Facebook ( https://www.facebook.com/p.php?i=1420567119&k=AQDPU-TPjwf5l1gJuUMn-cFmtrPZ_ZTHdsc2hyatnp1dc1ihsK1LEUjhvg3DwhQyO-Hod32Y1DNlfFhchmADB6M9x8I&r&app_id=350685531728 )

Esta mensaxe enviouse a d=58482&u=39974&k=[email protected]. Se no futuro non queres recibir estes correos electrónicos do Facebook ou que se use o teu enderezo de correo electrónico para as suxestións de amizade, por favor darte de baixa ( https://www.facebook.com/o.php?k=AS33lZl4r6aMb5Zw&e=d%3D58482%26u%3D39974%26k%3D8d9332f418cd1b7f65f005d285250d2d%40reply.loomio.org&mid=HMjM2Mjc5OTAxOmQ9NTg0ODImdT0zOTk3NCZrPThkOTMzMmY0MThjZDFiN2Y2NWYwMDVkMjg1MjUwZDJkQHJlcGx5Lmxvb21pby5vcmc6OA ).
Facebook, Inc., Attention: Community Support, Menlo Park, CA 94025