Loomio
Thu 17 Dec 2015 8:21AM

INFO. : PODEMOS.

AQ

Alex quark Fri 22 Jan 2016 7:37AM

INFO Podemos Galicia:

Prezada compañeira, prezado compañeiro,
Logo da apertura do proceso de cambios en Podemos Galicia, anunciado no informe do secretario xeral o pasado día 9 de xaneiro ante o Consello Cidadán Galego, vén de aprobarse por maioría absoluta no seo do CCG a nova configuración da Mesa Cidadá (Consello de Coordinación) proposta polo secretario xeral, quedando dende hoxe como sigue:

Secretaría Xeral: Breogán Riobóo Lois
Áreas:
Coordinación da SX
Comunicación
Política
Análise e estratexia
Produción
Secretaría de Organización e Igualdade: Cristina Laya
Secretaría de Relacións Institucionais: Marta Díaz
Niveis:
Estatal
Autonómico
Local
Secretaría de Coordinación de Programa: Eduardo Nieto
Secretaría de Rescate Cidadán: Xabier Sánchez
Secretaría de Economía: Marcelo Armendáriz
Secretaría de Educación e Cultura: Inés Mallada
Secretaría de Medio Rural: Marysol Babarro

Aproveito a ocasión para lembrar que a participación nas diversas secretarías está aberta a todas as mans que queiran colaborar. A través deste enlace podedes indicar as áreas onde queirades participar así como o concello de residencia para poñervos en contacto coa xente da vosa zona: https://galiza.podemos.info/colabora/
Grazas.
Unha aperta,
Breogán Riobóo Lois

Secretario xeral de Podemos Galicia