Loomio
Fri 9 Jan 2015 1:10PM

Debate sobre o código ético que debe ter CA

XD Xan Duro Public Seen by 68

Acordamos empregar como documento base o aprobado por Guanyem Barcelona. Nesta ligazón está o documento aberto a comentarios e achegas
https://docs.google.com/document/d/1-tE8hvqX9frl_HQ3MVWKDi1SUmUjii6ksBFGMEZs4u4/edit?usp=sharing

XD

Xan Duro Fri 9 Jan 2015 1:11PM

MDD

Manuel Dios Diz Fri 9 Jan 2015 8:03PM

Grazas.

El viernes, 9 de enero de 2015, Xan Duro (Loomio) escribió:

Xan Duro empezó una discusión en Compostela Aberta:

Codigo etico de Guanyem en galego

Boas,
Aquí tedes o Código Ético de Guanyem traducido


Responder a este correo electrónico directamente o verlo en Loomio .
Cambia tus preferencias de correo electrónico para darse de baja de los correos electrónicos de Loomio.

PM

Paco Manrique Mon 19 Jan 2015 6:03PM

Sobre o documento de Codigo Ético para Compostela Aberta a debater na assembleia de manhá 3ª-f (martes) proponho dous cambios no terceiro apartado, o de “Profissionalizaçom”. Introduci-nos no google doc que subiu Xan Duro ainda que nom sei assiná-los e aparecem como anonimo:
PROPONHO UM NOVO PONTO 3.4
O salário de representantes e técnicos de livre designaçom de Compostela Aberta (C.A.) deve estar próximo à meia salarial da povoaçom representada, por este motivo C. A. propóm um salário neto máximo de 1.513,4 €/mes (2x SMI) baseando-nos nos principios de igualdade e representatividade das condiçons materiais da maioria da povoaçom. Os gastos de transporte e comidas derivados da exclusiva actividade política serám compensados, sempre baixo entrega de ticket e nos importes acordados.
O dinheiro restante percibido por representantes e técnicos de C.A. destinará-se aos fins que a organizaçom acorde.

PROPONHO UM NOVO PONTO 3.5
Co obxectivo de integrar maior pluralidade e capacitar a mais companheiros para as funçons representativas limitará-se o mandato a 2 anos correndo a lista dos/as representantes ao remate dos mesmos. Esta decissom concretizará-se em assembleia convocada ao efecto e poderá ser revisada pola organizaçom se motivos excepcionais o aconselharam.

B

Beatriz Tue 20 Jan 2015 4:55PM

Ola! referido ós ptos. que propón Paco.
3.4
a) A mín 2.200 netos non me parecía/ parece exaxerado.
b) das dietas, quitaría os gastos manutención- alimentación
(como falamos do concello, non procede falar de gastos- aluguer /vivenda)
c) Totalmente dacordo con presentar tickets e sobre a existencia de topes a abonar por viaxe.
d) Os devanditos topes a abonar (por viaxe/ desplazamento), que se establezcan en base a estimación segundo custos reais (e tendo en conta o IPC, etc).

3.5
8 anos en total chegan dabondo ... na miña opinión e mellor evitar proactivamente a tentación do "apoltroamento" (como organización- plataforma- partido).

Vémonos nun chisco, B.

JD

Jorge Duarte Tue 20 Jan 2015 5:31PM

Partillo un documento da Marea Atlántica cos criterios e unha serie de preguntas que deberían quedar respostadas no Código Etico
Criterios:
Responsabilidade
Transparencia
Renovación
Obediencia
Non acumulación de cargos
Publicidade
Accesibilidade para a cidadanía e para os medios de comunicación
Rendición de contas
Non discriminación

. Preguntas a responder no código ético:
1. Renovación

En cantos mandatos se pode optar a ser representante da Marea Atlántica?*
Alternas ou consecutivas?
Este criterio é variábel en función de se se acadan ou non cotas de goberno?
  1. Transparencia

    Que datos deben facer públicos os cargos electos da Marea Atlántica?
    Só as declaracións de patrimonio?
    Deben ser públicos os salarios e as dietas?
    Con que periodicidade deben publicarse estes datos?

  2. Responsabilidade

    Debe ser limitado o salario dos e das representantes? E do seu equipo técnico? Como se limitarían estas retribucións?*
    A que retribucións propias do cargo, pero non vinculadas directamente ao seu salario, debería renunciar o Grupo Municipal da Marea Atlántica?
    Deben responder os cargos electos a outros criterios de responsabilidade aparte dos económicos (sociais, formativos, de conducta…)?*

  3. Compatibilidades

    Debería estar prohíbida a compatibilización da acta con outro cargo na Administración pública?
    Con que profesións sería incompatíbel a dedicación exclusiva?
    Son compatíbeis os cargos de representación da Marea Atlántica con cargos orgánicos na propia Marea ou noutras forzas políticas ou sociais?
    De que xeito deberían controlarse as denominadas “portas xiratorias”, isto é, o uso dos cargos públicos como trampolín profesional no sector privado?

  4. Mandato

    Que causas non xustificarían a renuncia á acta de representante?
    Que causan xustificarían que a Marea Atlántica instase a algún ou algunha das súas representantes a abandonar o cargo (imputacións, condenas, comportamentos sexistas ou discriminatorios por razóns raciais, relixiosas, de orientación sexual, etc…)?

BM

breogan manoel Wed 21 Jan 2015 11:10AM

Preguntas a responder no código ético:
1. Renovación
-En cantos mandatos se pode optar a ser representante da Marea Atlántica?
Eu diría unha lexislatura

-Este criterio é variábel en función de se se acadan ou non cotas de goberno?
Acádese ou non goberno

  1. Transparencia Que datos deben facer públicos os cargos electos da Marea Atlántica? O patrimonio da unidade familiar , si ten algún contrato coa administración , e como se resolven as posibles incompatibilidades que colisionen co exercicio da representación pública no concello de Compostela

Deben ser públicos os salarios e as dietas?
Por suposto , en consonancia co noso manifesto fundacional no que dicimos que a transparencia é un dos nosos puntos base

Con que periodicidade deben publicarse estes datos?
Todos os meses , cada vez que se reciba o pago, que supoño que será mensual

  1. Responsabilidade

Debe ser limitado o salario dos e das representantes?
Por suposto , ,debe ter relación coa realidade dos representados

E do seu equipo técnico?
De igual forma que o anterior . Porem pareceme tambem moi importante como se selecionará ese equipo tecnico , si ten que existir etc. Que un cargo público non ten porque ser necesariamente un experto en todas as materias sobre as que lexisla é evidente e por iso existe a figura do asesor político. O problema que formula a asesoría política está como evitar os nomeamentos en dedo sen ningún criterio obxectivo.Unha forma de lindar esta problemática podería ser delegando a selección ao funcionariado, que soño persoas que non entran por oposición e, en principio, non son fieis a ningunha cor política pero igualmente corruptibles; ou ben dunha forma máis innovadora e rompedora, abrindo a elección de asesores e asesoras durante o mesmo proceso de confección da candidatura.A gran vantaxe de utilizar esta segunda fórmula é que por unha banda evitamos a necesidade de "tecnócratas" na lista electoral e por outra, facemos transparente e aberto un dos temas máis polémicos da democracia actual, o proceso de selección de asesores.Ademais, para dotarnos do máximo de transparencia posible, teríase que adquirir o compromiso de que os informes desta asesoría sempre fosen de acceso público e gratuíto, a excepción daqueles que supoñan un risco para algunha persoa ou que poidan influír nalgunha causa xudicial.

Como se limitarían estas retribucións?
Creo que 1,5 o salario medio de compostelá , non sei cal é o numero concreto , porque creo que é mais importante a metodoloxía que o numero en si , como estamos tomando do documento de Guanyem como referencia busquei por internet para facernos unha idea das diferencias entre as dúas cidades ( http://www.expatistan.com/cost-of-living/comparison/santiago-de-compostela/barcelona-spain , http://www.numbeo.com/cost-of-living/compare_cities.jsp?country1=Spain&country2=Spain&city1=Santiago+de+Compostela&city2=Barcelona&name_city_id1= )

A que retribucións propias do cargo, pero non vinculadas directamente ao seu salario, debería renunciar o Grupo Municipal?
A todas as que sexan únicas desa representación , como cotizacións extras, o retribucións dese tipo

Deben responder os cargos electos a outros criterios de responsabilidade aparte dos económicos (sociais, formativos, de conduta…)?
Deben atuar en consonancia co código ético que aprobe CA

  1. Compatibilidades

Debería estar prohibido compatibilizar da acta con outro cargo na Administración pública?
Tomando cargo como outro cargo de representación , eu creo que deberiamos aplicar unha norma que evite a acumulación de cargos, xa non so por imaxe , si non tamén por criterios de eficiencia de eficacia e de que ha moito traballo por facer como para que que as persoas teñan que facer o dobre ou tripla ou etc

Con que profesións sería incompatíbel a dedicación exclusiva?

Son compatíbeis os cargos de representación da CA con cargos orgánicos na propia CA ou noutras forzas políticas ou sociais?
Creo que deberiamos seguir o mesmo criterio de nona acumulación de cargos

De que xeito deberían controlarse as denominadas “portas xiratorias”, isto é, o uso dos cargos públicos como trampolín profesional no sector privado?
Non deberían poder ter relación con empresas que teñan contratado ou se visen afectadas polas decisións da corporación municipal durante un período de tempo que a verdade non sei cal deveria ser.

Con respecto a algunha cuestión tratada onte .

Con respecto á publicación da axendas e actas, poderiamos por algo parecido a “a excepción daqueles que supoñan un risco para algunha persoa ou que poidan influír nalgunha causa xudicial ,a datos ou situacións das persoas físicas ; a non ser que dean o seu permiso para facelo”

Con respecto ás imputacións , tendo en conta que as denuncias falsas son un delito , creo que debemos ser realistas e atuar en consonancia á situación actual , e tamén mirando aos países da contorna aos que moitas veces se fai referencia, países non que deputados chegan a dimitir por impagos de multas de trafico ou por copiar teses universitarias . Así que creo que a imputación tería que ser un limite que non se debería traspasar si non queremos perder a credibilidade ás primeiras de cambio e combinando iso con que si acontece calquera situación de acusación falsa que chegase a facer que calquera persoa que represente a CA teña que dimitir inxustamente usar incluso mais esforzos na restitución da honra desa persoa , esixindo nos tribunais e poñendo todos os medios a disposición de CA

RC

Roi Carballal Wed 21 Jan 2015 11:32AM

Na Asamblea de onte falouse bastante do apartado do código ético que fixa o máximo de anos para exercer a representación, debido á proposta realizada de establecer un máximo de dous anos. Comentouse bastante que dous anos son insuficientes para aterrar nun sitio e que ter que mudar logo de dous anos sería perder potencial de traballo. Na miña opinión, nese argumento pasase por alto o carácter asambleario da toma de decisións, que debería garantir que a persoa que substitúe ao cargo electo estaría perfectamente ao tanto das tarefas que tería que desempeñar no concello. Tendo en conta que se a proposta de Paco prospérase e vai correr a lista, esas persoas deberían ter a responsabilidade de ser co-participes das decisións a través da súa participación activa en asambleas e grupos de traballo que se podan crear.
A pesar desta defensa dos dous anos e de creer que podería funcionar perfectamente, se tivese que votar hoxe tampouco sería a miña opción, principalmente porque a día de hoxe non vexo a moita xente disposta a ir en postos de saída nas listas.
Propoño unha opción alternativa ás dúas lexislaturas, que sería contemplar un máximo de seis anos como representante. Unha lexislatura completa para os cargos electos e dous anos máis para participar na seguinte e apoiar aos novos membros do grupo no concello. O máis probábel é que logo de catro anos algún dos representantes xa queira deixar paso a outros e nin se presenten, pero en caso de querer optar á segunda lexislatura que está xa non sexa completa.

Deixo a proposta e non lle dou máis voltas, porque seguro que se lle darán abondo a este tema nos próximos días

MDD

Manuel Dios Diz Wed 10 Aug 2016 4:45PM

facebook ( https://www.facebook.com/p.php?i=1420567119&k=AQCkXd4Kd3O6d2F2OwLg_DDGIERoJkLTX11HW-iB0o3vEXt_2oC7gbtOq5j9iB4HykBFlQB0lQQNrNl6tMdI1wVfPn4&r&app_id=350685531728 )

( https://www.facebook.com/p.php?i=1420567119&k=AQCkXd4Kd3O6d2F2OwLg_DDGIERoJkLTX11HW-iB0o3vEXt_2oC7gbtOq5j9iB4HykBFlQB0lQQNrNl6tMdI1wVfPn4&r&app_id=350685531728 )

Check out Manuel's photos on Facebook.

If you sign up for Facebook, you'll be able to stay connected with friends by seeing their photos and videos, staying up to date with their latest status updates, exchanging messages and
more.

Convida a Manuel a usar Facebook ( https://www.facebook.com/p.php?i=1420567119&k=AQCkXd4Kd3O6d2F2OwLg_DDGIERoJkLTX11HW-iB0o3vEXt_2oC7gbtOq5j9iB4HykBFlQB0lQQNrNl6tMdI1wVfPn4&r&app_id=350685531728 )

Esta mensaxe enviouse a d=62279&u=39974&k=[email protected]. Se no futuro non queres recibir estes correos electrónicos do Facebook ou que se use o teu enderezo de correo electrónico para as suxestións de amizade, por favor darte de baixa ( https://www.facebook.com/o.php?k=AS2HMs6-FYHZf3iu&e=d%3D62279%26u%3D39974%26k%3D8d9332f418cd1b7f65f005d285250d2d%40reply.loomio.org&mid=HMjM2Mjc5NjYwOmQ9NjIyNzkmdT0zOTk3NCZrPThkOTMzMmY0MThjZDFiN2Y2NWYwMDVkMjg1MjUwZDJkQHJlcGx5Lmxvb21pby5vcmc6OA ).
Facebook, Inc., Attention: Community Support, Menlo Park, CA 94025